2º CICLO



"O entroido dos animais"
a recoñecida obra de Camille Saint-Saëns, nun programa multimedia que fará as delicias de toda a familia.






Entroido dos Animais é unha das obras máis famosas de Camille Saint-Saëns.
É unha suite musical en catorce movementos que compuxo como unha broma musical, aínda que el temía que a obra  puidese prexudicar a súa reputación de compositor serio, polo que prohibiu as interpretacións públicas da mesma e só autorizou a publicación en vida dun movemento, O cisne. Durante a súa vida só se deron interpretacións privadas para un círculo de amigos íntimos, como Franz Liszt.
Con todo, Saint-Saëns dispuxo no seu testamento que a suite podería ser publicada tras a súa morte, e desde entón converteuse nunha das súas obras máis populares.
No fragmento titulado Elefantes a música é tan grave e pesada, que facilmente podemos imaxinar os movementos do colosal *paquidermo. 


O contrabaixo

É o maior e máis profundo membro da familia do violín, foi desenvolto no século XVI procedente do *violone, vióla contrabaixo.

Cara a finais do século XVIII o contrabaixo tiña tres cordas xeralmente afinadas en: LA, Re e Sol. Hoxe día teñen unha cuarta corda, de son máis grave. 

Para saber máis: http://apreciacionmusicalencuentros.blogspot.com/2015/10/c-saint-saens-el-elefante-de-el.html





APRENDO MÚSICA XOGANDO!!Fai clic abaixo na ligazón e xoga ao Trivial Musical 1.






Kids vocabulary - Musical Instruments - Orchestra instruments

Os instrumentos de vento madeira

 INSTRUMENTOS MUSICAIS DA PRQUESTRA



Déixovos a ligazón á web con información dos distintos instrumentos empregados na música popular e tradicional galega.





 Olla o musicograma da Primavera de Vivaldi!! Un musicograma é como se debuxaramos a música para entendela mellor.

Escoitamos a primavera de Antonio Vivaldi!! Antonio Lucio Vivaldi (Venecia, 4 de marzo de 1678-Viena, 28 de xullo de 1741) foi un compositor, violinista, empresario, mestre e sacerdote católico barroco veneciano. Foi alcumado "O cura vermello" por ser sacerdote e roxo de pelo. Compuxo unhas 770 obras, incluíndo máis de 400 concertos, sinfonías e óperas. É especialmente coñecido por ser o autor da serie de concertos para violín e orquestra "As catro estacións".

No hay comentarios:

Publicar un comentario