"O circo da bolboreta" é unha curtametraxe que nos ofrece unha reflexión motivadora da transformación humana. Un exemplo de ensino para a liberación, para deixar de pensarnos ignorantes ou incapaces e de superación das nosas dificultades.
lunes, 21 de diciembre de 2020
martes, 15 de diciembre de 2020
martes, 17 de noviembre de 2020
miércoles, 20 de mayo de 2020
A Novena Sinfonía ou Sinfonía nº 9 de Ludwig van Beethoven
A Novena Sinfonía ou Sinfonía nº 9 é unha das composicións máis emblemáticas de Ludwig van Beethoven, que a levou a cabo entre 1818 e 1824 en nome da London Philharmonic Society. A súa importancia é tal que foi declarada Patrimonio da Humanidade no 2002. Cando a obra foi lanzada, Beethoven estaba xordo. Din que dirixiu a Novena Sinfonía usando a súa marabillosa lectura, aínda que cando rematou o último movemento, incapaz de escoitar os aplausos do público, tivo que ser alertado polos músicos da orquestra para dar a volta. Esta, que foi a súa última aparición pública, foi tamén o nacemento dunha lenda: o home que cambiou a historia da música quedara xordo, e estando xordo –este foi realmente un acto de xenio–, escribiu a Novena Sinfonía que constituíu, sen ningunha dúbida, unha verdadeira revolución musical.
Na Novena, Beethoven introduciu a percusión por primeira vez na historia da sinfonía. De feito, a percusión nin sequera se consideraba unha sección habitual de orquestras naquela xeración.
Outra novidade importante de Beethoven foi a inclusión de cantantes de coro e solistas, que compaxina neste cuarto movemento, o momento climático do traballo. O texto escollidopolo compositor foi a famosa Oda á alegría de Friedrich Schiller, quen o escribiu en 1786.
Co paso do tempo, o nome de "Himno á alegría" comezou a empregarse para referirse a esta obra musical.
Para saber máis: https://www.culturagenial.com/es/novena-sinfonia-de-beethoven/
"O entroido dos animais"
a recoñecida obra de Camille Saint-Saëns, nun programa multimedia que fará as delicias de toda a familia.
a recoñecida obra de Camille Saint-Saëns, nun programa multimedia que fará as delicias de toda a familia.
O Entroido dos Animais é unha das obras máis famosas de Camille Saint-Saëns. É unha suite musical en catorce movementos que compuxo como unha broma musical, aínda que el temía que a obra puidese prexudicar a súa reputación de compositor serio, polo que prohibiu as interpretacións públicas da mesma e só autorizou a publicación en vida dun movemento, O cisne. Durante a súa vida só se deron interpretacións privadas para un círculo de amigos íntimos, como Franz Liszt. Con todo, Saint-Saëns dispuxo no seu testamento que a suite podería ser publicada tras a súa morte, e desde entón converteuse nunha das súas obras máis populares. No fragmento titulado Elefantes a música é tan grave e pesada, que facilmente podemos imaxinar os movementos do colosal *paquidermo. O contrabaixo É o maior e máis profundo membro da familia do violín, foi desenvolto no século XVI procedente do *violone, vióla contrabaixo. Cara a finais do século XVIII o contrabaixo tiña tres cordas xeralmente afinadas en: LA, Re e Sol. Hoxe día teñen unha cuarta corda, de son máis grave.
Para saber máis: http://apreciacionmusicalencuentros.blogspot.com/2015/10/c-saint-saens-el-elefante-de-el.html
lunes, 18 de mayo de 2020
A Rosalía. Manuel Curros Enríquez
Do mar pola orela
mireina pasar,
na frente unha estrela,
no bico un cantar.
E vina tan soia
na noite sin fin,
¡que inda recei pola probe da tola
eu, que non teño quen rece por min!
A musa dos pobos
que vin pasar eu,
comesta dos lobos,
comesta se veu…
Os ósos son dela
que vades gardar.
¡Ai, dos que levan na frente unha estrela!
¡Ai, dos que levan no bico un cantar!
Curros Enríquez, Manuel (1992). Poesía galega completa. Vigo: Ed. Galaxia
Do mar pola orela
mireina pasar,
na frente unha estrela,
no bico un cantar.
E vina tan soia
na noite sin fin,
¡que inda recei pola probe da tola
eu, que non teño quen rece por min!
A musa dos pobos
que vin pasar eu,
comesta dos lobos,
comesta se veu…
Os ósos son dela
que vades gardar.
¡Ai, dos que levan na frente unha estrela!
¡Ai, dos que levan no bico un cantar!
Curros Enríquez, Manuel (1992). Poesía galega completa. Vigo: Ed. Galaxia
Tecín soia a miña tea,
Tecín soia a miña tea,
sembrei soia o meu nabal,
soia vou por leña ó monte,
soia a vexo arder no lar.
Nin na fonte nin no prado,
así morra coa carrax,
el non ha de virm'a erguer,
el xa non me pousará.
¡Que tristeza! O vento soa,
canta o grilo ó seu compás...
Ferve o pote... mais, meu caldo,
soíña t'hei de cear.
Cala, rula, os teus arrulos
ganas de morrer me dan;
cala, grilo, que si cantas,
sinto negras soïdás.
O meu homiño perdeuse,
ninguén sabe en onde vai...
Anduriña que pasache
con el as ondas do mar;
anduriña, voa, voa,
ven e dime ond'está.
Rosalía de Castro: Follas Novas
Este poema de Rosalía de Castro pertence á súa obra Follas
Novas publicada en 1880. Este libro é posterior a Cantares Gallegos, que
data de 1863 e marca o inicio da etapa literaria denominada
Rexurdimento pleno. Rosalía é a autora máis representativa das nosas
letras neste século, tanto pola importancia literaria e cultural das súas obras
a nivel da nosa lingua, como pola calidade e transcendencia das mesmas
para a literatura universal.
Como conclusión, dicir que este poema incluído na parte “As viudas dos
vivos e as viudas dos mortos” de Follas Novas representa precisamente iso:
a historia desesperada dunha viúva dun vivo, unha muller que sente como a
soidade se apodera dela e que denuncia de xeito indirecto as circunstancias
que provocaron esta situación. Rosalía adopta unha vez máis o punto de
vista dunha muller para formular unha denuncia das condicións de vida na
Galicia do século XIX que provocan que a emigración sexa a única saída. O
tema social que denuncia: o sufrimento da emigración.
Extraído do blog de Lingua e Literatura “Pousadas da Lingua”
Agardo tiverades onte 17 de Maio un feliz Día das Letras Galegas!
Déixovos "A FALA" de Uxía e Sérgio Tannus Un canto de esperanza e amor á Lingua sobre un poema de Manuel María, da man da NOSA EMBAIXADORA DA MÚSICA GALEGA e das Nosas Letras, UXÍA ANÍMOVOS A ESCOITAR, CANTAR, BAILAR...
"Cantares Gallegos" de Rosalía de Castro (17 de Maio de 1863), é o primeiro libro publicado integramente na nosa lingua despois dos Séculos Escuros.
O Día das Letras Galegas que se celebra cada 17 de maio correspóndese coa data de edición deste libro. É unha data de exaltación da nosa lingua, e todos os anos dedícaselle a un autor diferente que teña unha obra literaria relevante escrita na nosa lingua. O autor galardoado debe levar polo menos 10 anos finado e contar co apoio de tres membros da Real Academia Galega, como mínimo. Este ano o autor homenaxeado foi Ricardo Carvalho Calero.
Emilio Batallán. Animádevos a cantalo!!
O MAIO
Aí vén o maio
de frores cuberto ...
Puxéronse á porta
cantándome os nenos;
i os puchos furados
pra min estendendo,
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros.
Pasai, rapaciños,
calados e quedos;
que o que é polo de hoxe
que darvos non teño.
Eu sonvos o probe
do pobo gallego:
pra min non hai maio,
pra min sempre é inverno! ...
Cando eu me atopare
de donos liberto
i o pan non me quiten
trabucos e préstemos,
e como os do abade
frorezan meus eidos,
chegado habrá estonces
o maio que eu quero ...
Queredes castañas
dos meus castiñeiros? ...
Cantádeme un maio
sin bruxas nin demos;
un maio sin segas,
usuras nin preitos,
sin quintas, nin portas,
nin foros, nin cregos.
Manuel Curros Enríquez, Aires da miña terra
jueves, 30 de abril de 2020
Wolfgang Amadeus Mozart
A VIDA E OBRA DE MOZART
Traballo sobre Mozart feito por nenos do CEIP Xosé Fernández López.
martes, 21 de abril de 2020
GRANDES COMPOSITORES!!
APRENDO A RECOÑECER A ALGÚNS DOS GRANDES COMPOSITORES:
Fai clic abaixo na na ligazón e xoga.
Vai pulsando, localizando e relacionando a imaxe de cada autor co seu nome!!
miércoles, 15 de abril de 2020
miércoles, 1 de abril de 2020
martes, 31 de marzo de 2020
sábado, 28 de marzo de 2020
martes, 24 de marzo de 2020
Quinta Sinfonía de Ludwig van Beethoven
"PEDRO E O LOBO" é un conto musical no que cada personaxe está representado por un instrumento da orquestra. Escoita con atención!!
lunes, 23 de marzo de 2020
Musicograma da Primavera de Vivaldi
Olla o musicograma da Primavera de Vivaldi!! Un musicograma é como se debuxaramos a música
para entendela mellor.
domingo, 22 de marzo de 2020
A primavera de Antonio Vivaldi.
A Orquestra Filarmónica de J. L. Moreno interpreta "A primavera das catro estacións" Antonio Vivaldi baixo a dirección do mestre Tulio Gagliardo
INSTRUMENTOS POPULARES E TRADICIONAIS GALEGOS
Déixovos a ligazón á web con información dos distintos instrumentos empregados na música popular e tradicional galega.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)