lunes, 18 de mayo de 2020





Agardo tiverades onte 17 de Maio un feliz Día das Letras Galegas! 
Déixovos "A FALA" de Uxía e Sérgio Tannus Un canto de esperanza e amor á Lingua sobre un poema de Manuel María, da man da NOSA EMBAIXADORA DA MÚSICA GALEGA e das Nosas Letras, UXÍA ANÍMOVOS A ESCOITAR, CANTAR, BAILAR...




"Cantares Gallegos" de Rosalía de Castro (17 de Maio de 1863), é o primeiro libro publicado integramente na nosa lingua despois dos Séculos Escuros.
Día das Letras Galegas que se celebra cada 17 de maio correspóndese coa data de edición deste  libro. É unha data de exaltación da nosa lingua, e todos os anos dedícaselle a un autor diferente que teña unha obra literaria relevante escrita na nosa lingua. O autor galardoado debe levar polo menos 10 anos finado e contar co apoio de tres membros da Real Academia Galega, como mínimo. Este ano o autor homenaxeado foi Ricardo Carvalho Calero.


No hay comentarios:

Publicar un comentario